FacebookTwitter

Cíes Artesanais S. Coop. Galega

Cíes Artesanais S. Coop. Galega
  • Cíes Artesanais S. Coop. Galega
  • Rúa Ave do Mar, 14-15, 2ºA
    36950 Moaña (Pontevedra)
  • 986228326
  • 653750683

Cíes Artesanais S. Coop. Galega constitúese no ano 2006 como resultado da fusión de dúas cooperativas que operaban na ría de Vigo. Actualmente conta con preto de setenta socios e socias.

En xullo de 2022, a cooperativa obtivo a certificación na marca pescadeRías de onde se non? para os grupos biolóxicos: peixes, bivalvos, crustáceos e cefalópodos.

Cíes Artesanais desenvolve a súa actividade no Porto Pesqueiro de Vigo, onde realiza a primeira venda de peixes e mariscos procedentes tanto das capturas das súas embarcacións asociadas como doutras procedentes de diferentes portos das Rías Baixas. Conta con instalacións e equipamento axeitado para a descarga e almacenamento das capturas na Lonxa de Vigo.

Os produtos do marisqueo a flote véndense na poxa da Lonxa de Mariscos do Porto de Vigo, xunto co resto das confrarías da ría, asegurando a concentración da oferta e a trazabilidade.