Escarapote de pedra

Aínda que a súa cor depende do tipo de fondo onde se agochen, habitualmente é vermella-rosada ou vermella- apardazada con manchas pardas. Teñen unha fendedura moi marcada na fronte e unha cabeza armada con espiñas. Presentan un "tentáculo" na queixada inferior e outro enriba da boca. Mimetízanse co fondo, o que lles axuda a cazar as súas presas. Reprodúcense nos meses de maio a agosto.
Habitan en fondos areosos e especialmente nos rochosos, entre 20 e 200 metros de profundidade. É un peixe de costumes nocturnos e solitarios e nunca se pesca en grandes cantidades. Utilízanse artes de arrastre, palangre, anzol ou trasmallo e rascos. Captúrase todo o ano.
Posúen unha carne de sabor exquisito, unha vez preparados e limpos de espiñas, o cal se fai sen especial dificultade.
Fritido, á prancha ou cunha allada resulta un prato delicioso, pero tamén é imprescindible nos "pasteis de peixe", onde o escarapote ocupa un lugar preferente na alta gastronomía. É moi cotizado pola súa carne branca, consistente e saborosa. É o típico peixe "que sabe a marisco". En Galicia hai moito tempo que se utilizan como substituto das lagostas nos salpicóns de marisco.
Datos da especie
- Código FAO: RSE
- Nome científico:Scorpaena scrofa
- Nome galego: Escarapote de pedra
- Nome castelán: Cabracho
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.