FacebookTwitter

Alfóndega

Alfóndega Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Corpo de forma cónica recuberto de pequenas escamas e cabeza grande, cuadrangular e de perfil agudo. A liña lateral está recuberta por escamas óseas pouco desenvolvidas. Presenta dúas aletas dorsais; a primeira formada por espiñas e a segunda por radios brandos. As aletas pectorais presentan os radios inferiores libres que lles permite a estes peixes andar polo fondo. Posúe vexiga natatoria coa que poden emitir sons semellantes a gruñidos. Cor do dorso parda- vermella.

Habita en fondos areosos, de fango e grava, entre os 20 e 300 m de profundidade. Aliméntase de crustáceos e moluscos. Distribúese no Atlántico oriental, dende Noruega a Senegal e tamén está presente no Mediterráneo. Reprodúcese no inverno. É un peixe común nos mercados e de carne apreciada. Péscase con trasmallos, palangres de fondo e arrastre.

Datos da especie

  • Código FAO: GUU
  • Nome científico:Chelidonichthys lucerna
  • Nome galego: Alfóndega
  • Nome castelán: Bejel/rubio
  • Grupo biolóxico: Peixes
Alfóndega
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal