FacebookTwitter

Raia riscada

Raia riscada Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Bordes anteriores sinuosos e rostro curto e pouco marcado. A superficie dorsal está cuberta case por enteiro de denticulacións, mentras que na ventral só as presenta na parte anterior. Mostra dúas espiñas diante dos ollos e outras dúas detrás. Ten entre 20 e 55 espiñas na liña media dorsocaudal. Os machos presentan unha fileira de espiñas a cada lado da cola e as femias dúas. O dorso é de cor parda amarelenta ou gris con manchas claras e bandas onduladas escuras bordeadas de puntos brancos. O ventre é claro e a cara inferior da cola é grisácea. Pode alcanzar 1 m de lonxitude.

Está presente en augas superficiais ata os 200 m de profundidade. Vive en todo o Mediterráneo occidental e no Atlántico, dende Irlanda ata as Cararias e Mauritania.

Datos da especie

  • Código FAO: RJU
  • Nome científico:Raja undulata
  • Nome galego: Raia riscada
  • Nome castelán: Raya mosaico
  • Grupo biolóxico: Peixes
Raia riscada
  • Tamaño mínimo: 40 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás