FacebookTwitter

Berete

Berete Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Corpo alongado e de aspecto robusto. Presenta unhas engurras transversais na pel que se orixinan na liña lateral. As escamas da liña lateral son anchas e forman unha espiña. A cabeza é angulosa e grande con fuciño vertical. Cor parda roxiza con manchas escuras.

Vive en fondos brandos areosos e fangosos e próximos a zonas rochosas, a unha profundidade entre os 20 e 170 m. Aliméntase de moluscos e crustáceos. O seu período reproductor é entre xuño e agosto. Distribúese entre o Mar do norte e Mozambique.

Datos da especie

  • Código FAO: CTZ
  • Nome científico:Chelidonichthys lastoviza
  • Nome galego: Berete
  • Nome castelán: Rubio
  • Grupo biolóxico: Peixes
Berete
  • Tamaño mínimo: 20 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal