Peixe sapo

Ten a cabeza grande, ampla e aplanada, e o corpo de forma cónica. A boca, provista de abundantes dentes, é enorme, case tan ancha coma a cabeza. Os beizos son carnosos e a queixada inferior sobresae por diante da superior. Non ten escamas; é de cor apardazada-vermella ou parda-verdosa, con manchas escuras. Para diferencialo da xuliana mire a cor da membrana que recobre o estómago: negra no peixe sapo e branca na xuliana. Reprodúcese a finais da primavera.
É o peixe máis cotizado da súa familia. Vive en fondos lamacentos e de area, entre 20 e 500 metros de profundidade. De xeito artesanal, pode ser capturado con trasmallos, palangres e rascos.
Probe a preparalo cunha salsa verde, con ameixas, guisado, fritido, en salpicón, á grella, en pastel, en caldeirada ou simplemente cocido, acompañado dun rustrido ou da tradicional allada, incluso cun mollo de ourizos. Respecte o seu sabor e sempre lle dará un prato delicioso en xusta correspondencia.
Datos da especie
- Código FAO: ANK
- Nome científico:Lophius budegassa
- Nome galego: Peixe sapo
- Nome castelán: Rape negro
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 30 cm / 0,5 kg (evisc) / 0,2 kg (sen cab)
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiros e eviscerados ou sen cabeza
Onde atopalos
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.