Escarpón

Corpo deprimido. Cabeza grande e de forma triangular. Boca horizontal e mandíbula superior algo prominente. Cor amarelenta con manchas lilas- violáceas e ventre esbrancuxado.
Vive en fondos areosos e fangosos da plataforma continental. Aliméntanse de poliquetos e custáceos. A posta realízase entre xaneiro e agosto. É común nas costas atlánticas, dende Noruega ata Mauritania.É menos frecuente no Mediterráneo.
Datos da especie
- Código FAO: LYY
- Nome científico:Callionymus lyra
- Nome galego: Escarpón
- Nome castelán: Dragoncillo
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal