FacebookTwitter

Serrán cabra

Serrán cabra Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Presenta o corpo alongado con pedúnculo caudal marcado e cola lixeiramente aforquillada. A boca é grande e con dentes de pequeno tamaño. Ollos grandes. Opérculo con 3 espiñas planas. A súa cor é característica con 7 a 9 raias marróns transversais. Raramente supera os 25 centímetros de lonxitude. É propio de fondos rochosos litorais. Aliméntase de outros peixes, crustáceos, moluscos e poliquetos. Común en todo o litoral ibérico.

Datos da especie

  • Código FAO: CBR
  • Nome científico:Serranus cabrilla
  • Nome galego: Serrán cabra
  • Nome castelán: Cabrilla
  • Grupo biolóxico: Peixes
Serrán cabra
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal