Lonxas e centros de primeira venda autorizada

As lonxas son as instalacións nas que se efectúa obrigatoriamente a primeira venda de todos os produtos da pesca e o marisqueo. O control do desembarque e a primeira venda é responsabilidade dos titulares da autorización ou concesión das lonxas como as confrarías, as cooperativas, as vendedurías, ou mesmo a propia Autoridade Portuaria nalgúns casos.

É na primeira venda cando se lle pon prezo de saída ao produto e etiquetase por primeira vez. Neste proceso é cando o produto procedente da pesca de baixura e do marisqueo de mellor calidade acada a marca de diferenciación que o distingue do resto. Dita marca poderá acompañar ao produto durante todo o proceso de comercialización sempre que os demais operadores da cadea sexan tamén usuarios certificados.

FacebookTwitter

Todas

A Coruña

Lugo

Pontevedra