FacebookTwitter

Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela

Lonxa de Redondela

A Lonxa de Redondela está certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de bivalvos, cefalópodos crustáceos e peixe. O seu produto estrela é o choco.

A Confraría de Pescadores de Redondela tamén está certificada como Distribuidor con alcance para cefalópodos (choco) e Bivalvos (vieira), produtos que comercializan conxelados e eviscerados no caso da vieira. Estes procesos de transformación son realizados por empresas externas tamén certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?.