Barbada común

Corpo alongado. Presenta tres barbillóns, un na mandíbula inferior e dous nasais. A mandíbula superior é prominente. De cor marrón roxiza con manchas negras sobre a cabeza e o dorso, o ventre é claro.
Vive en fondos de rocha, area e fango, entre os 10 e 120 m de profundidade. Aliméntase de pequenos peixes, moluscos e crustáceos. O período reproductor no Atlántico é en primavera e inverno. Distribúese no atlántico oriental dende Noruega ata o norte de África e no Mediterráneo.
Datos da especie
- Código FAO: GGU
- Nome científico:Gaidropsarus vulgaris
- Nome galego: Barbada común
- Nome castelán: Lota
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 20 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Portonovo