Bocarte

O bocarte ten un corpo fino e alongado, de cor azulada con chispiñas prateadas no seu ventre. A súa queixada superior é moi prominente e a boca grande. Pode acada-los 20 centímetros. Reprodúcese entre os meses de abril e agosto.
Especie peláxica que no verán se achega á costa. Aliméntase de plancto. Vive en grandes mansíos e captúrase con redes de cerco ou con xeito. Resulta especialmente importante a súa correcta manipulación e estiba a bordo, pois é un peixe moi delicado e mázase e deteriórase de contado. Para a súa pesca se establecen cotas de captura e paros que poden variar dun ano a outro, segundo o estado deste recurso. Normalmente aparece nos mercados entre maio e xullo.
Aínda que as máis das veces tómase en conserva, en fresco pódense fritir para facer un primeiro prato de "picar". Tamén pódense preparar en vinagre: crús, ben limpos, deixándoos estar no mollo para que vaian adquirindo o seu sabor.
Datos da especie
- Código FAO: ANE
- Nome científico:Engraulis encrasicolus
- Nome galego: Bocarte
- Nome castelán: Boquerón o anchoa
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal