FacebookTwitter

Choquiño

Choquiño

É semellante ao choco (Sepia officinalis), pero de menor tamaño (ata oito centímetros) e a súa boca está rodeada de oito brazos, con dúas ringleiras de ventosas dispostas en zigzag. A concha é un pouco máis estreita e alongada. A marxe do manto forma un ángulo agudo sobre a cabeza. Reprodúcese de febreiro a setembro, chegando á madurez sexual ao cabo dun ano.

Viven en fondos areosos ou lamacentos, ás veces ata 430 metros de profundidade.

Captúranse, ao igual ca o choco, con nasas, engado, trasmallo e artes de arrastre.

Próbeos nunha tarteira de barro con pemento, cebola e un pouco de albariño; á prancha, como tapa; ou simplemente fritidos na tixola coa súa propia borra; ou como acompañamento a un arroz negro. Experimentará sensacións inesquecibles.

Datos da especie

  • Código FAO: EJE
  • Nome científico:Sepia elegans
  • Nome galego: Choquiño
  • Nome castelán: Choquito
  • Grupo biolóxico: Cefalópodos
Choquiño
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: A lura, choco e especies afíns mediranse pola lonxitude dorsal do manto