Centola ou centolo

O cacho da centola é triangular por diante e case redondo pola zona de atrás. Está cuberta dunha especie de espiñas. No bordo dianteiro presenta dous pinchos máis fortes. Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é vermella parda e debemos recordar que a centola galega é máis escura ca a bretoa. Ademais, unha característica da centola das rías é que o seu cacho está cuberto por pequenas algas e arneiróns.
Vive na costa en fondos rochosos ou areosos. A súa extracción regúlase a través e plans de explotación anuais, nos que tamén se establecen os períodos de veda, normalmente entre xuño e decembro. Captúrase principalmente con miños. Tamén pode ser capturado con outras con artes de enmalle fixas como trasmallos e raeiras ou con nasas. A súa veda establécese nos plans de explotación anuais; normalmente é de xuño a decembro.
Cocida e cun coidadoso traballo manual, son un manxar de excepción. Pódese facer un changurro dándolle un golpe de forno ou un sofisticado pastel ou suflé, pero a nosa recomendación é volver ao clásico: cocidas.
Datos da especie
- Código FAO: JDV
- Nome científico:Maja brachydactyla
- Nome galego: Centola ou centolo
- Nome castelán: Centolla o centollo
- Grupo biolóxico: Crustáceos

- Tamaño mínimo: 12 cm
- Forma de medición: A centola medirase atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT) sobre a liña mediana que vai entre ambos rostra ata o borde posterior do cefalotórax
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Lira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.