Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son

- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Muelle, s/n 15970 Porto do Son A Coruña
- 981767321
- cofradia@cofradiaportodoson.org
- https://www.lonxasgalegas40.gal/portodoson/
A Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro e que ademais ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto almacenistas como comerciantes polo miúdo, mediante acordos de venda.
Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sostible e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.