Boga

Ten unha cor gris prateada e leva catro ou cinco liñas verticais estreitas, así como unha mancha negra na base da aleta do peito. É unha especie hermafrodita que acada a súa madurez sexual ao redor dos 13 centímetros. O seu tamaño medio oscila entre os 15 e os 20 centímetros.
Forma grandes cardumes desde a superficie ata os 200 metros de profundidade. É un peixe comedor de algas. Péscase habitualmente ao trasmallo, tamén ao cerco e, ocasionalmente, con betas. Dispoñible todo o ano.
Inxustamente desprezada no norte de Galicia, a boga é un peixe de prezo moi accesible que se pode comer fritido ou grellado á brasa coma as sardiñas, tal e como fan no Morrazo. Próbeo sen prexuízos, preferiblemente nos meses de verán. Tradición das aldeas de Fisterra é combinala en caldeirada con xurelo e xarda.
Datos da especie
- Código FAO: BOG
- Nome científico:Boops boops
- Nome galego: Boga
- Nome castelán: Boga
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores de Portosín
- Confraría de Pescadores de Sada
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.