Xurelo

Son peixes de corpo alongado, fociño afiado e boca grande ¿coma os ollos¿ e inclinada. Ten pálpebras transparentes, escamas pequenas e, como característica máis distintiva, a súa liña lateral, que está formada por escamas moi desenvolvidas con forma de "ese" estendido. A cor dos xurelos varía entre gris, verdosa e azulada no dorso con reflexos metálicos, e os costados son grises prateados e o ventre branco. Ten unha mancha negra detrás da cabeza á altura do ollo. Acadan a madurez sexual ao segundo ano de vida (22 cm) e reprodúcense nos meses de verán.
Viven en fondos de area entre 100 e 200 metros de profundidade, achegándose á superficie durante a noite. Forman grandes bancos. Os pequenos captúranse ao cerco. Tamén úsanse artes de enmalle e, máis marxinalmente, a liña. É unha das capturas típicas do cerco, principalmente durante o verán.
É unha gran riqueza dispoñer no noso mercado dun peixe fresco a baixo prezo. Os pequenos pódeos facer simplemente fritidos ou en escabeche logo de fritilos; os
medianos, co seu equilibrado punto de graxa, á brasa; e os grandes (xurelas), ao forno coa gornición axeitada. Próbeos fileteados e pelados ou aplíquelles un guiso.
Datos da especie
- Código FAO: HOM
- Nome científico:Trachurus trachurus
- Nome galego: Xurelo
- Nome castelán: Jurel
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 15 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores de Portosín
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.