Nagober S.L.

- Nagober S.L.
- Departamento Nº8, Operadores Portuarios, Puerto Pesquero 36900 Marín Pontevedra
- 986881611
- 986882756
- nagober@gmail.com
Fundada no ano 1.992 Nagober S.L. é unha pequena empresa familiar cunha longa experiencia na transformación e comercialización de produtos pesqueiros frescos e conxelados.
Coa súa certificación como empresa transformadora no eido da marca pescadeRías ¿de onde se non? Nagober S.L. adquire o compromiso de achegar ao mercado un produto conxelado que acredite o distintivo de calidade que representa a marca: peixes e cefalópodos procedentes das nosas costas, capturados con artes tradicionais, ultraconxelados inmediatamente despois da súa captura, sen engadidos, coa ambición de que conserven as súas texturas e os seus sabores orixinais.