Entidades adheridas

Entidades adheridas

Establecementos que habitualmente traballen con produtos certificados, pero que non realizan reetiquetado do produto certificado: peixerías e empresas de hostalaría, conforme reflicte o Regulamento de uso da Marca. Estes establecementos incluíranse na categoría de “Establecemento Adherido”, previa solicitude á Consellería do Mar.

Os establecementos que desexen adherirse, deberán cumprimentar a solicitude de adhesión xunto co compromiso de Declaración Responsable de uso que lles facilitará o equipo de xestión da marca na visita de comprobación.

Os establecementos adheridos recibirán formación sobre as condicións de uso e recibirán material promocional da marca. Así mesmo, verificaranse os requisitos documentais mínimos para a adhesión e visitaranse as instalacións, co fin de comprobar a súa conformidade.

FacebookTwitter