Preguntas frecuentes

Que produtos están amparados polo selo?

 

pescadeRías é un selo de diferenciación e identificación dos produtos procedentes da pesca artesanal, desembarcados diariamente nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia, capturados como máximo 24 horas antes da súa primeira venda
 
As artes e  modalidades de pesca empregadas son artesanais, selectivas e máis respectuosas co medio mariño. Non son certificables os produtos capturados con arte de arrastre.

Poden aparecer no mercado frescos, conxelados, transformados (conservas, ) e/ou elaborados (precociñados).

A presenza do logotipo da marca no etiquetado destes produtos garante a súa orixe, frescura. trazabilidade e diferenciación no mercado.

Podes consultar aquí o listado de especies que poden levar o selo.

 

Podo atopar produtos da acuicultura baixo o selo pescadeRías?

 

Non. Tampouco o mexillón pode ser certificado xa que se considera un produto da acuicultura. O mexillón ten o seu propio selo de calidade: D.O. P. Mexillón de Galicia. 

 

Como identifico un produto pescadeRías?

 

Nos produtos frescos, o logotipo da marca está incluído na etiqueta que os acompaña obrigatoriamente. Preme aquí para ver un exemplo.
Algunhas lonxas realizan o etiquetado individual nalgúns exemplares de peixe. 

Os produtos transformados (conservas),  conxelados ou elaborados (precociñados). Inclúen o logotipo da marca nos seus envases.

Os moluscos bivalvos depurados deben estar acompañados da etiqueta que garante a súa aptitude para o consumo e figurará o logo da marca pescadeRías que garante calidade e orixe.

Preme aquí para ver exemplos.

 

Onde podo atopar produtos certificados?

 

Nas peixerías e establecementos de hostalaría adheridos. Podes ver o listado no seguinte enlace. Descárgate a APP de pescadeRías, ¿de onde se non?

Premendo aquí podes consultar o listado de entidades certificadas (lonxas, depuradoras, distribuidores, empresas de transformación...).
Tamén podes adquirilos online. Na web de pescadeRías atoparás as empresas que ofertan este servizo. 

Todos os produtos dunha entidade certificada ou adherida están certificados?
Non necesariamente. As entidades certifícanse por grupo biolóxico: peixes, crustáceos, bivalvos, cefalópodos, equinodermos, gasterópodos, algas e antozooos.

Unha empresa pode estar certificada para determinados grupos biolóxicos e non para outros. Os produtos certificados estarán identificados nas súas etiquetas co logotipo da marca. 

Unha peixería ou restaurante adherido tampouco ten porqué ofertar todos os seus produtos baixo o selo. Consulta sempre as etiquetas no establecemento ou pregunta ao responsable.  

 

Que entidades se poden certificar?

 

Poden certificarse lonxas e establecementos de primeira venda, depuradoras e centros de expedición, cetarias, distribuidores de peixes e mariscos e empresas de transformación, sempre que os seus produtos certificados cumpran os requisitos da marca pescadeRías, ¿de onde se non?.

Son unha persoa xurídica, como podo certificar os meus produtos?
Para certificarse é preciso realizar unha solicitude (modelo PE403G) á Consellería do Mar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia e superar un proceso de auditoría externa. A Consellería dispón de persoal técnico para o acompañamento durante todo o proceso de certificación. 
Consulta o teu caso aquí e recibirás máis información.

Son unha persoa física, como podo certificar os meus produtos?
Para certificarse é preciso realizar unha solicitude (modelo PE403G) á Consellería do Mar a través dos seguintes medios:

a) No Rexistro da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros do sector público: a Administración Xeral do Estado, a Administración da Comunidade Autónoma, as Entidades que integran a Administración Local, o sector público institucional.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Consulta o teu caso aquí e recibirás máis información.

 

Que entidades se poden adherir?

 

Poden adherirse ao selo peixerías e establecementos de hostalaría sempre que poñan á venta ao consumidor produtos da pesca certificados pescadeRías, ¿de onde se non?.

Son unha peixería/establecemento de hostalaría, como podo adherirme ao selo?
Sempre que dispoñan nos seus establecementos de produtos certificados, asinando un compromiso de Uso Responsable da marca. Despois da comprobación in situ dos requisitos polo equipo técnico e a firma do compromiso, recibirá material promocional da marca para que poida ser identificada polo seus clientes e será incluída no listado de empresas adheridas na web de pescadeRías ¿ de onde se non?. A adhesión é gratuíta. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FacebookTwitter