FacebookTwitter

Linguado de area

Linguado de area

Peixe plano de corpo ovalado e ancho, de cor parda agrisada no lado ocular, con numerosas manchas escuras e puntiños claros. Os ollos están no lado dereito do corpo. No lado cego do corpo, posúe unha narina en forma de roseta. A aleta pectoral do lado ocular ten unha mancha negra bordeada de amarelo. Pode acadar os 50 centímetros.

É solitario a meirande parte da súa vida. Vive soterrado na area, normalmente entre 30 e 50 metros de profundidade. Aliméntase de poliquetos, peixes pequenos e crustáceos.

Datos da especie

  • Código FAO: SOS
  • Nome científico:Solea lascaris
  • Nome galego: Linguado de area
  • Nome castelán: Lenguado de arena
  • Grupo biolóxico: Peixes
Linguado de area
  • Tamaño mínimo: 15 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal