Sanmartiño

O sanmartiño é un peixe de corpo alto e comprimido, que ten unha cabeza moi grande e que carece de escamas agás na liña lateral. Presenta espiñas ao lado do abdome e a aleta dorsal ten raios moi longos. De cor dourada, ou gris verdosa, o sanmartiño ten unha mancha negra rodeada de branco ou amarelo no centro do corpo, a ambos os dous lados. Pode chegar a medir ata 60 centímetros, aínda que o normal é que mida entre 20 e 50. É un peixe que desova no verán e acada a madurez sexual aos 4 anos.
Peixe de costumes solitarios que habita entre os 20 e os 200 metros de profundidade. Artesanalmente captúrase ao palangre ou con liñas. É un peixe que tarda en reproducirse, polo que haberá que ser moi esixentes con respecto aos talles mínimos.
O sanmartiño ten unha carne apreciada e saborosa que fai moitos amigos cando ocupa o seu lugar no prato. É un dos mellores peixes para facer ao sal, no forno e tamén para filetear, pola súa carne compacta. Tamén se pode facer en caldeirada.
Datos da especie
- Código FAO: JOD
- Nome científico:Zeus faber
- Nome galego: Sanmartiño
- Nome castelán: Pez de San Pedro
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 25 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Confraría de pescadores "San Cipriano" de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.