Camarón común

Ten un rostro longo e un corpo semitransparente comprimido lateralmente. A cabeza ten liñas debuxadas en sentido lonxitudinal e oblicuo, liñas que tamén están presentes no abdome, aínda que son máis curtas e transversais. A diferenza da quisquilla, o camarón ten a cabeza moi triangular e aguzada (cun potente rostro) e ten dous pares de pinzas que non ten aquela.
Vive preto da costa, en augas de pouca profundidade e tranquilas, sobre fondos de rochas ou con moita vexetación (pódense atopar incluso nas pozas da baixamar). Captúrase con nasas durante todo o ano, aínda que a súa extracción cunha nasa específica para nécora e camarón só se fai cando esta arte está permitida, na época na que a nécora non está vedada.
Para preparalos o ideal é botalos en auga fría con sal, ou auga de mar, e loureiro. Apenas rompa a ferver, retiramos, escoamos e xa están listos para comer.
Tamén se poden usar pelados para acompañar calquera prato de peixe. Un luxo.
Datos da especie
- Código FAO: CPR
- Nome científico:Palaemon serratus
- Nome galego: Camarón común
- Nome castelán: Camarón común
- Grupo biolóxico: Crustáceos

- Tamaño mínimo: 5 cm
- Forma de medición: O tamaño do santiaguiño e o camarón medirase desde o extremo distal do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT)
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Lira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Confraría de pescadores de Vilanova
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.
- Organización de Productores del Marisco y Cultivos Marinos de la Provincia de Pontevedra (O.P.P.20)