FacebookTwitter

Common prawn

Common prawn

Ten un rostro longo e un corpo semitransparente comprimido lateralmente. A cabeza ten liñas debuxadas en sentido lonxitudinal e oblicuo, liñas que tamén están presentes no abdome, aínda que son máis curtas e transversais. A diferenza da quisquilla, o camarón ten a cabeza moi triangular e aguzada (cun potente rostro) e ten dous pares de pinzas que non ten aquela.

Vive preto da costa, en augas de pouca profundidade e tranquilas, sobre fondos de rochas ou con moita vexetación (pódense atopar incluso nas pozas da baixamar). Captúrase con nasas durante todo o ano, aínda que a súa extracción cunha nasa específica para nécora e camarón só se fai cando esta arte está permitida, na época na que a nécora non está vedada.

Para preparalos o ideal é botalos en auga fría con sal, ou auga de mar, e loureiro. Apenas rompa a ferver, retiramos, escoamos e xa están listos para comer.

Tamén se poden usar pelados para acompañar calquera prato de peixe. Un luxo.

Details of species

  • FAO code: CPR
  • Scientific name:Palaemon serratus
  • Galician name: Camarón común
  • Spanish name: Camarón común
  • Biological group: Crustáceos
Common prawn
  • Minimum size: 5 cm
  • Measurement Method: O tamaño do santiaguiño e o camarón medirase desde o extremo distal do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT)