APP privacy policy

Ao descargar e usar a aplicación móbil pescadeRías vostede manifesta que leu e acepta as condicións de uso e a política de privacidade. Recomendamos revisar periodicamente o contido das condicións de uso e da política de privacidade.

Condicións de uso e política de privacidade

A información divulgada a través desta aplicación ofrécese gratuitamente á cidadanía coa finalidade de poder consultar os códigos QR dos produtos comercializados baixo a marca pescadeRías e para acceder ao listado de empresas e profesionais que colaboran coa marca e poder ler os códigos QR dos produtos comercializados.

A Consellería do Mar declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición da cidadanía a través da aplicación.

A Consellería do Mar non garante a presentación da totalidade da información de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela. 

Esta aplicación móbil non recolle datos persoais das persoas usuarias tales como datos identificativos ou de uso de dita aplicación que permitan identificar á persoa interesada.

Xestión dos permisos solicitados pola aplicación

A aplicación recolle datos relativos á localización do dispositivo, sempre e cando a persoa usuaria autorice o acceso a esta mediante a xestión dos permisos da aplicación. A localización só é xestionada pola aplicación dentro do dispositivo, sen que a información sexa facilitada á  Consellería do Mar. 

Con respecto á xestión destes permisos a persoa usuaria pode:

  • Permitir ou non que a aplicación acceda á localización do dispositivo para poder amosar o listado de establecementos adheridos dunha determinada localización.
  • Escoller que a aplicación acceda á localización:
    • Só se a aplicación está en uso.
    • soamente no momento en que vostede está a consultar o mapa (só esta vez)
    • non permitir o acceso

Tamén se vai solicitar permiso para acceder á cámara do seu dispositivo e poder capturar o código QR que vostede desexe ler. Dito acceso pódese conceder: 

  • Permitir só esa vez (no momento de lectura dun código).
  • Permitir
  • Non permitir

Así mesmo, tamén se lle vai solicitar permiso para que, no caso que vostede o autorice, a aplicación poida acceder á función de chamada do seu dispositivo móbil para poder chamar a algún dos establecementos relacionados na aplicación.  As opcións das que vostede dispón son:

  • Permitir
  • Non permitir

Lembre que determinadas funcionalidades da aplicación poden non ser executables no caso de que non se dispoña dos permisos necesarios para as mesmas.

FacebookTwitter