You are here

Recipes

Muxo escabechado con allos tenros, rabaniños e alga wakame

O muxo é un peixe de boa calidade e un excelente sabor ao que acompaña unha inmerecida mala fama debido á súa presenza en portos e outras zonas próximas a núcleos urbanos. O que atopamos no mercado provén de augas abertas e podemos consumilo con todas as garantías.

Durante o showcooking organizado pola Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (EMGROBES) durante a última edición da Festa do Marisco do Grove, Francisco Caneda, responsable de cociña da festa e profesor de cociña, mostrounos como preparalo escabechado.

Salmonete

Anxo Fernández, chef do Hostal La Viuda en A Pobra de Trives, amósanos unha sinxela preparación de salmonetes, apta para principiantes, coa que poderemos desfrutar do delicado sabor deste peixe.

Polbo fritido con conservas en vinagre

A chef Beatriz Sotelo presentou esta sinxela e saborosa receita durante as degustacións que tiveron lugar na XIX Festa do Polbo de Bueu. A foto do prato é de @chemagarciaseijo para www.bluscus.es.

Empanada de Vieira en Texturas

Orixinal versión de empanada con vieiras certificadas, realizada polo chef Manuel Garea nas XVII Xornadas de Exaltación da Vieira de Cambados.

Tartar de ameixón, allo negro e algas

O ameixón é un grande descoñecido da nosa gastronomía que se está comezando a explotar de xeito comercial en algunhas zonas de Galicia. O chefJosé Manual Mallón elaborou en directo esta preparación na última edición de SALIMAT-ABANCA durante a cata “O Mellor da Nosa Pesca Artesanal”. 

Pages