How to be a certified entity?

Entidad certificada

Conforme establece a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no seu artigo 14, Dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas Administracións Públicas, pódese enviar a solicitude de certificación na marca pescadeRías, de onde se non? á Consellería do Mar, polas seguintes vías:

PERSOAS FÍSICAS
A solicitude de certificación, no caso de persoas físicas, enviarase á Consellería do Mar, segundo modelo PE403G presentándoa:
a) No Rexistro da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros do sector público: a Administración Xeral do Estado, a Administración da Comunidade Autónoma, as Entidades que integran a Administración Local, o sector público institucional.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Unha copia desta solicitude tamén debe enviarse ao equipo de xestión da marca para dar seguimento: pescaderiasdeondesenon.cmrm@xunta.gal
Este modelo de solicitude (PE403G) pode descargarse premendo na seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=PE&codProc=403G&pro…

PERSOAS XURÍDICAS
No caso de persoas xurídicas a presentación da solicitude será por vía electrónica conforme establece a Lei 39/2015.
Pode realizarse mediante firma dixital (Certificado ou DNI electrónico) ou a través de Chave 365 na seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=PE&codProc=403G&pro…

FacebookTwitter