Xurelo afumado sobre auga de tomate, cogombro e aceite de alfábega
- 2 xurelos grandes (ou 4 lombos)
- 500 g de sal groso
- 500 g de azucre
- Serradura de faia ou de oliveira para afumar
- Aceite de oliva virxe extra
Para a auga de tomate
- 1,5 kg de tomates moi maduros
- 8 g de sal
- 1 culleradiña de azucre
- 2 follas de alfábega
- Unhas gotas de vinagre de Xerez
Acompañamento
- 4 raviños
- Cogombro
- Gromos de fiúncho ou aneto
- Algas
- Pementa negra acabada de moer
- Sal en escamas
Aceite de alfábega
- 100 ml de aceite de oliva suave
- Un feixe de follas de alfábega
Receita de Alejandro Iglesias, de Alex Iglesias Gastro (Lalín, Pontevedra). Esta elaboración foi presentada na última edición do Salón Gourmets.
Elaboración
Auga de tomate
- Trocear os tomates e mesturalos co sal, o azucre e as follas de alfábega.
- Triturar lixeiramente.
- Colocar a mestura sobre unha estameña ou un pano fino, sen presionar, e deixar escorrer no frigorífico entre 8 e 12 horas.
- Obterase un caldo completamente transparente e de intenso sabor a tomate.
- Antes de servir, engadir unhas gotas de vinagre de Xerez e rectificar de sal.
Xurelo afumado
- Limpar os lombos retirando coidadosamente todas as espiñas.
- Cubrilos coa mestura de sal e azucre durante 20 minutos.
- Aclaralos con auga fría, secalos perfectamente e deixalos orear na neveira durante 1 hora.
- Nun cazo con tapa, colocar as virutas ou o serrín de faia ou de oliveira e quentar a lume medio. Cando comece a desprender unha cantidade abundante de fume, retirar o cazo do lume e colocar sobre el un coador metálico co peixe. Tapar de novo para que o fume envolva os lombos.
- Deixar afumar en frío durante 15-20 minutos. Repetir o proceso renovando o fume as veces que sexa preciso durante ese tempo.
- Untar lixeiramente os lombos con aceite de oliva virxe extra e reservalos ben fríos ata o momento de servir.
Nota: O afumado pode realizarse tanto en cociña de indución como de gas ou vitrocerámica. Recoméndase utilizar un cazo vello, xa que as virutas ao queimarse poden deterioralo.
Aceite de alfábega
- Escaldar as follas de alfábega durante 10 segundos.
- Arrefriarlas inmediatamente en auga con xeo.
- Secalas moi ben.
- Trituralas co aceite durante 2 minutos.
- Coar a través dun filtro de café para obter un aceite de cor verde intensa.
Verduras
- Cortar o cogombro en dados moi pequenos.
- Laminar finamente os raviños.
- Conservar ámbalas dúas hortalizas en auga con xeo ata o momento do emplatado para manter a súa textura e frescura.
Presentación
Servir unha base de auga de tomate ben fría nun prato fondo. Dispoñer o xurelo afumado no centro e acompañalo cos dados de cogombro, as láminas de raviño, as algas e os gromos de fiúncho ou aneto. Finalizar cunhas gotas de aceite de alfábega, un toque de pementa negra acabada de moer e unhas escamas de sal.