FacebookTwitter

Organización de Productores del Marisco y Cultivos Marinos de la Provincia de Pontevedra (O.P.P.20)

Lonxa de A Illa de Arousa

Situada no Peirao do Xufre, a lonxa da Illa de Arousa está rexentada pola Organización de Productores del Marisco y Cultivos Marinos de la Provincia de Pontevedra (O.P.P.20).

Nas súas instalacións podemos atopar gran cantidade de bivalvos procedentes dos seus numerosos e produtivos bancos marisqueiros, recollidos a pé, dende embarcación ou mediante mergullo. Tamén comercializan algas e antozoos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.