FacebookTwitter

Velvet swimcrab

Velvet swimcrab

Se a nécora é de Galicia, a súa cuncha hexagonal é de cor marrón escura e textura de veludo. No macho, o abdome é triangular. Na femia é máis ancho e redondeado. Presenta cinco pares de patas, e o primeiro delas son unhas pinzas.

Vive nas coveiras que forman as pedras preto da costa. Captúrase polas noites con nasas e, en menor medida, con trasmallo ou bou de vara. Hai que ter en conta que está suxeita a vedas, establecidas anualmente, normalmente entre xaneiro e xullo. Sempre hai que lembrar que está rigorosamente prohibida a captura e venda de nécoras con ovos.

Se a nécora está "en comida", o macho é tan rico coma a femia. Para evitar que lle caian as patas, hai que cocelas correctamente: se están vivas, hai que metelas en auga fría; e se están mortas, en auga quente. Non esqueza cociñalas con loureiro e non se pase na cocción pois quedarían resecas.

Details of species

  • FAO code: LIO
  • Scientific name:Necora puber
  • Galician name: Nécora
  • Spanish name: Nécora
  • Biological group: Crustáceos
Velvet swimcrab
  • Minimum size: 5,5 cm
  • Measurement Method: Os braquiuros excepto o boi e a centola, mediranse atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT), sobre a liña mediana que vai desde o espazo interorbital ata o borde posterior do cefalotórax