FacebookTwitter

Common edible cockle

Common edible cockle

O berberecho é un molusco (palabra que na súa orixe significa "mol") que ten as valvas ou cunchas de forma case circular. Posúe entre 22 e 28 costelas ben marcadas e vive en fondos lamacentos e de area fina próximos ás costas. Por causa da súa forma de corazón foi polo que, ao principio, se lle deu nome de "corazón comestible" (cardium edule).

Pode ser capturado a pé con sachos e angazos na zona intermareal ou con ganchas a pé cunha lonxitude e separación entre dentes axeitada para esta especie nas zonas que non quedan expostas durante a baixamar. Tamén se captura dende embarcación con raños, rastros ou ganchos.

Simplemente abertos ao vapor e salpicados con limón ou como compañeiros de guisos con peixes, ao berberecho débeselle de dar o lugar de privilexio que merece na nosa gastronomía. Outras formas de cociñalos son con arroz, rustridos ou nunha típica empanada de millo, ao gusto da ría de Arousa.

Details of species

  • FAO code: COC
  • Scientific name:Cerastoderma edule
  • Galician name: Berberecho
  • Spanish name: Berberecho
  • Biological group: Bivalvos
Common edible cockle
  • Minimum size: 25 mm
  • Measurement Method: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Where to find it