FacebookTwitter

Small European locust lobster

Small European locust lobster

O seu nome provén da figura que conforman as espiñas do dorso da cuncha, que lembra a cruz de Santiago. O seu corpo é aplanado e gordo, de cor parda escura e vermella. Presenta unhas antenas anchas e planas en forma de paleta.

Vive en zonas rochosas ou en sitios pedregosos a partir dos 3 metros de fondo e ata os 50 metros. A súa época de veda defínese cada ano no Plan Xeral de explotación marisqueira, podendo variar dun ano a outro. Normalmente autorízase a súa extracción dende primeiros de outubro ata o día de Reis. Péscase con nasas e trasmallos.

Dada a súa escaseza e a altísima calidade da súa carne, convén ir ao seguro. A forma clásica de degustar este prezado crustáceo é simplemente cocido. Ofrece, non obstante, posibilidades como protagonista de salpicóns ou nunha ensalada mariñeira.

Details of species

  • FAO code: SCY
  • Scientific name:Scyllarus arctus
  • Galician name: Santiaguiño
  • Spanish name: Santiaguiño
  • Biological group: Crustáceos
Small European locust lobster
  • Minimum size:
  • Measurement Method: O tamaño da cigala medirase paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas atao o borde distal do cefalotórax (LCT), ou desde a punta do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT). As colas das cigalas, soltas mediranse a partir do borde anterior do primeiro segmento da cola ata o extremo posterior do telson excluíndo as setae. A medición efectuarase ao longo e sen estirar (LC)