Santiaguiño

O seu nome provén da figura que conforman as espiñas do dorso da cuncha, que lembra a cruz de Santiago. O seu corpo é aplanado e gordo, de cor parda escura e vermella. Presenta unhas antenas anchas e planas en forma de paleta.
Vive en zonas rochosas ou en sitios pedregosos a partir dos 3 metros de fondo e ata os 50 metros. A súa época de veda defínese cada ano no Plan Xeral de explotación marisqueira, podendo variar dun ano a outro. Normalmente autorízase a súa extracción dende primeiros de outubro ata o día de Reis. Péscase con nasas e trasmallos.
Dada a súa escaseza e a altísima calidade da súa carne, convén ir ao seguro. A forma clásica de degustar este prezado crustáceo é simplemente cocido. Ofrece, non obstante, posibilidades como protagonista de salpicóns ou nunha ensalada mariñeira.
Datos da especie
- Código FAO: SCY
- Nome científico:Scyllarus arctus
- Nome galego: Santiaguiño
- Nome castelán: Santiaguiño
- Grupo biolóxico: Crustáceos

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño da cigala medirase paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas atao o borde distal do cefalotórax (LCT), ou desde a punta do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT). As colas das cigalas, soltas mediranse a partir do borde anterior do primeiro segmento da cola ata o extremo posterior do telson excluíndo as setae. A medición efectuarase ao longo e sen estirar (LC)
Onde atopalos
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Lira
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.