Barnacle

A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas. O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas. Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro ca o que vén de Marrocos e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas ca o canadense.
A súa captura está regulada mediante plans de explotación específicos para esta especie aprobados anualmente. Pode collerse a pé ou dende embarcación. Para separalo das rochas utilízase unha rasqueta ou raspa. Dispoñible todo o ano.
Non hai moitas voltas que lle dar: cocidos, a ser posible en auga de mar, cunha folla de loureiro. Un pano enriba da fonte onde se sirvan axudará a mantelos á temperatura axeitada e a evitar a perda de humidade. Probe a ferver unhas patacas do país na auga onde os coceu e verá que sabor.
Details of species
- FAO code: PCB
- Scientific name:Pollicipes pollicipes
- Galician name: Percebe
- Spanish name: Percebe
- Biological group: Crustáceos

- Minimum size: 1,5 cm
- Measurement Method: O tamaño do percebe medirase polo diámetro maior da base do capítulo, á altura das placas inferiores (desde a base do rostro ata a base da carena). Cando se presente formando piñas, polo menos o 60% do peso da piña deberá estar constituído por exemplares que acaden o tamaño mínimo
Where to find it
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Francisco" Vigo
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Lira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.