FacebookTwitter

sword razor

sword razor

Teñen unha superficie brillante que semella vernizada. As valvas son alongadas, cunha cuncha arqueada moi característica (en forma de navalla) que as diferencia do longueirón, co que, non obstante, comparten unha coloración similar.

Viven soterradas na area, na zona infralitoral. Captúrase normalmente mediante mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie. Tamén faise a súa extracción a pé en algunhas zonas, especialmente nas mareas vivas, utilizando sal para que asomen os individuos.

Simplemente abertas á prancha cunhas pingas de limón abonda para degustar a súa carne saborosa e consistente. Coma outros moluscos, admite mollos suaves, e é moi recomendable un pequeno baño de aceite de oliva, allo e perexil.

Details of species

  • FAO code: EQK
  • Scientific name:Ensis magnus (=arcuatus)
  • Galician name: Navalla
  • Spanish name: Navaja
  • Biological group: Bivalvos
sword razor
  • Minimum size: 100 mm
  • Measurement Method: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Where to find it