FacebookTwitter

Artesa Rías Baixas S.L.

Artesa Rías Baixas S.L.

ARTESA RIAS BAIXAS, S.L. é unha empresa cunha longa traxectoria no mundo da distribución e agora conta cunha pranta propia coa finalidade de facer chegar ao mercado produtos das nosas lonxas tratados con mimo e cumprindo os requisitos sanitarios e de rastrexabilidade, para que chegue ao consumidor final un produto exquisito con todas as garantías.

Comercializa polbo, volandeira, ova de ourizo, destacando a VIEIRA GALEGA. Todos os produtos certificados polo selo pescadeRías de onde se non?, que garante que é un produto da pesca do día, artesanal, selectiva, sostible e responsable.