FacebookTwitter

Confraría de Pescadores "San Bartolomé" de Noia (Testal)

Lonxa de Noia (Testal)

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia ten como ámbito territorial os concellos de Noia e Outes, nos que el marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Comercializa unicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie más importante. Máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, realízase nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e O Freixo (Outes). Tamén comercializa ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa e ostra. A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realízase habitualmente entre os meses de outubro e marzo.

A Confraría de Noia conta cun criadeiro propio, polo que a trazabilidade do produto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadeiro.

Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquera persoa ou empresa que desexe comprar produtos da lonxa depurados na depuradora da lonxa de Testal.