FacebookTwitter

European lobster

European lobster

Presenta o lumbrigante un corpo robusto de cor azul escura xaspeada que remata en dúas potentes pinzas de desigual tamaño: úsaas como instrumento de suxeición e para atacar e esgazar as presas, a xeito de tesoira. Nas pinzas presenta uns dentes finos e serrados e ten sete aneis no abdome. O seu crecemento é especialmente lento, o que obriga a sermos moi rigorosos cos talles e vedas para previr o seu esgotamento.

Vive en zonas rochosas ou penedosas, en profundidades de menos de 40 metros. Captúrase con nasas especiais e ocasionalmente ao trasmallo, miños e tamén nas raeiras. O período de veda establécese anualmente, normalmente é entre marzo e xullo.

Cocido e servido con mollos á elección, é a forma máis habitual de preparalo. Se quere coñecer o seu sabor en estado puro, próbeo sen aliños que o tapen e sorprenderase. Está moi de moda, traído das Illas Baleares, facer un arroz con el, cun toque de picante. Á prancha dá o tipo como prato principal e completo, sen máis.

Details of species

  • FAO code: LBE
  • Scientific name:Homarus gammarus
  • Galician name: Lumbrigante
  • Spanish name: Bogavante europeo
  • Biological group: Crustáceos
European lobster
  • Minimum size:
  • Measurement Method: O tamaño do lubrigante medirase paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas ata o borde posterior do cefalotórax (LCT)