FacebookTwitter

Sargo común

Sargo común

O sargo é un peixe de corpo ovalado, comprimido polos lados e unha boca pequena. A súa cor é gris prateada, con liñas estreitas verticais. No rabo loce unha gran mancha negra. Pode chegar a medir ata 45 centímetros, aínda que o normal son os 20 ou 25. Acada a madurez sexual ao chegar aos dous anos (17 centímetros) e a súa reprodución vai dos meses de xaneiro a marzo.

Vive en fondos de pedra, entre 2 e 50 metros. Os máis novos viven en fondos de area a menor profundidade. Normalmente captúrase con trasmallo, palangre e miño. Por veces, nos portos de cerco hai abundancia cando algunha embarcación bate cun banco deles.

É un peixe do día, de frescura óptima esixible. Fágao ao forno, sen disfrazar o sabor cando o tamaño sexa grande. Os medianos aceptan a grella e os máis pequenos, a prancha, cunha ensalada de acompañante, resultaranlle un prato sinxelo pero delicioso. Tamén pode facerlle uns cortes no lombo e introducirlle cachos de touciño entrefebrado, meténdoo deseguido no forno.

Datos da especie

  • Código FAO: SWA
  • Nome científico:Diplodus sargus
  • Nome galego: Sargo común
  • Nome castelán: Sargo común
  • Grupo biolóxico: Peixes
Sargo común
  • Tamaño mínimo: 22 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal