Choco

O corpo do choco é ancho e patelo, con expansións laterais en forma de aletas, e unha especie de triángulo sobre a cabeza. No seu interior ten unha cuncha longa e dura. Dotado de oito brazos e dous tentáculos, a súa cor varía dependendo do substrato onde habite.
Captúrase durante todo o ano con diversas artes: nasa para choco, trasmallo, miño, artes de arrastre como o boliche ou chinchorro, poteira, e o curioso sistema do femieiro: dende a embarcación lévase a rastro pola auga unha femia de choco. Cando os machos acoden ao reclamo, son capturados cravándolles unha espulla. É unha especie de extraordinario interese comercial.
En Galicia tomamos o choco na súa tinta cun pouco de arroz branco, pero a súa carnosidade admite outras preparacións, como pode ser á prancha cun leve mollo de aceite, allo e perexil. En Portugal tómano á prancha enteiro, cando é fresquiño, sen tan sequera eviscerar. Se quere optar polo tradicional, probe unha caldeirada para sorpresa dos máis clásicos. Á romana está tan ben ou mellor ca as luras.
Datos da especie
- Código FAO: CTC
- Nome científico:Sepia officinalis
- Nome galego: Choco
- Nome castelán: Choco, jibia o sepia
- Grupo biolóxico: Cefalópodos

- Tamaño mínimo: 8 cm
- Forma de medición: A lura, choco e especies afíns mediranse pola lonxitude dorsal do manto
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "Pedra da Oliveira" de Vilaboa
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores de Sada
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Confraría de pescadores "San Cipriano" de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.