Lagosta

A lagosta ten un corpo moi robusto, de cor vermella ou violeta parda, e con manchas amarelas simétricas sobre o abdome. A cabeza ten moitas espiñas e ten unhas antenas moi desenvolvidas.
Habita en fondos rochosos. Tarda entre catro e cinco anos en acadar a madurez sexual, cando ten un talle de 20 centímetros. As capturas realízanse de xeito artesanal con nasas especiais ou aparecen entre as capturas en artes de enmalle. A veda, normalmente entre setembro e decembro, establécese anualmente.
Esta é unha das especies máis cobizadas do noso mar. Simplemente cocida acompañada cun prebe ¿maionesa, tártara...¿, en salpicón como actor principal ou á prancha... Non necesita moito máis para gozar de todo un luxo.
Datos da especie
- Código FAO: SLO
- Nome científico:Palinurus elephas
- Nome galego: Lagosta
- Nome castelán: Langosta
- Grupo biolóxico: Crustáceos

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño da langosta medirase pola lonxitude do cefalotórax (LCT), medido desde a punta do rostrum ata o punto medio do borde posterior do cefalotórax