Faneca

Posúe unha mancha escura no comezo da aleta peitoral. O corpo é máis forte polo dorso ca polo ventre; ten a queixada superior lixeiramente máis longa ca a inferior e a barbadela prominente. A liña lateral é moi curvada. A súa cor é cobreada no dorso, con catro ou cinco bandas verticais escuras. A súa lonxitude máxima é de 40 centímetros, pero raramente excede dos 20 centímetros. Reprodúcese a profundidades de 50 a 70 metros durante os meses de abril a maio e madura no primeiro ano de vida.
Vive próxima ao fondo formando bancos, mentres que os exemplares novos se atopan preto da costa en fondos areosos. Os exemplares de maior tamaño localízanse a profundidades de 30 a 100 metros. Péscase normalmente con trasmallo, liña e volanta.
A frescura é un requisito fundamental: é un peixe moi delicado. Non hai moita discusión sobre a faneca: fritida, soa ou formando parte dunha fritura variada, é a fórmula máis atractiva. Acompáñea de ensalada e patacas e pasará un momento agradable con este pequeno pracer. Se é grande, tamén pode facela en caldeirada ou cocida cun simple chorro de aceite.
Datos da especie
- Código FAO: BIB
- Nome científico:Trisopterus luscus
- Nome galego: Faneca
- Nome castelán: Faneca
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 15 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.