Raias

Corpo en forma de disco ou de rombo, con ás angulosas. O fociño das raias é alongado e a súa pel moi áspera. A zona dorsal das raias ten moitos aguillóns (no macho só no rabo). Son de cor escura, co dorso gris prateado con manchas e o ventre branco. Posúen unha poderosa dentadura, que empregan para esmigallar as pezas que lles serven de alimento. En canto á súa reprodución, as femias poñen os ovos nunhas cápsulas no fondo da area, que son arrastradas ata as nosas praias.
Viven en zonas lamacentas ou areosas de grava e rocha entre os 2 e os 60 metros de profundidade, aínda que poden chegar aos 500 metros. Artesanalmente poden ser capturadas con artes de enmalle. Non está permitida a súa pesca durante todo o ano, normalmente no verán non se captura.
A súa preparación é toda unha arte para a que hai diferentes estilos. Nas Rías Baixas ofrécennos a receita máis clásica, a caldeirada ao pé do porto, cunhas patacas e unha allada con pementos (resulta moi recomendable probala así en Portonovo), pero tamén pode guisarse cos mesmos pementos ou tomates como acompañamento. En Cedeira hai que descubrirse diante da empanada que, máis ca describila, hai que probala, a ser posible acabada de saír do forno. E non esquezamos que "en xaneiro a raia sabe a carneiro".
Datos da especie
- Código FAO: SKA
- Nome científico:Raja spp
- Nome galego: Raias
- Nome castelán: Rayas
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 40 cm / 0,5 kg (ás)
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Lira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.