FacebookTwitter

Vieira

Vieira

Posúe dúas valvas, unha delas cóncava (a inferior ou dereita) e a outra plana, con "orellas" simétricas e do mesmo tamaño. A súa cor é máis clara na parte cóncava. É distinta da volandeira e da zamburiña que, entre outras diferenzas, non teñen "orellas" simétricas. É hermafrodita: a zona gonadal ten dúas partes, unha alaranxada feminina e outra abrancazada, que é a masculina.

As vieiras captúranse co aparello chamado rastro da vieira. A súa extracción está moi controlada xa que debe de ser eviscerada por empresas autorizadas trala súa depuración, soamente se permiten capturas durante breves períodos ao ano, normalmente de novembro a marzo. Pódese atopar fresca durante os períodos nos que se autoriza a súa extracción ou conxelada todo o ano.

É unha das estrelas da nosa gastronomía. Foi maltratada con rustridos cargados de sabor, cando a vieira non os necesita para se valer. Cunha leve capa de pan relado e ao forno, rebozadas e fritas, ou en empanada... un manxar!.

Datos da especie

  • Código FAO: SCE
  • Nome científico:Pecten maximus
  • Nome galego: Vieira
  • Nome castelán: Vieira
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Vieira
  • Tamaño mínimo: 100 mm
  • Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior