Cornicha

Ten unha cuncha de forma oval-triangular; é de cor branca e textura moi suave.
As estrías que presenta a cornicha cambian de ton escuro a claro conforme van do exterior ao interior da cuncha.
Captúrase principalmente mediante marisqueo a flote con rastros en cantidades pequenas, asociada á ameixa babosa e á rubia. Tamén pódense facer extraccións a pé con ganchas.
En fresco, pódelle aplicar a típica salsa mariñeira ou probar cunha empanada. Outra forma de preparala é guisada con patacas e tamén, ao igual ca as outras ameixas, con espaguete ou fideo groso, ou con fabas. É máis ben dura, polo que non lle vén mal unha conxelación previa.
Datos da especie
- Código FAO: ULO
- Nome científico:Spisula solida
- Nome galego: Cornicha
- Nome castelán: Almeja blanca o cuca
- Grupo biolóxico: Bivalvos

- Tamaño mínimo: 25 mm
- Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "Pedra da Oliveira" de Vilaboa
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San Francisco" Vigo
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "San Martín" de Moaña
- Confraría de Pescadores "Santiago Apóstol" de Barallobre
- Confraría de Pescadores "Virgen del Carmen" de Pontedeume
- Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade
- Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Confraría de pescadores "San Cipriano" de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de Campelo, A.I.E.