Acedía

Ten o corpo amarelado pola cara onde leva os ollos. Outra característica para distinguir esta especie son os pequenos puntos negros que se lle ven no dorso.
As acedías, moi comúns no litoral galego, captúranse principalmente con trasmallos e tamén con rascos, con miños e incluso ao cerco (cando se traballa en fondos de area).
É un peixe delicioso, de sabor delicado e fácil de desespiñar no prato. Se o preparase á prancha, gozaría dun menú de gran sabor. Fritido é un substituto perfecto do linguado, que é un peixe máis caro. Admite calquera outra preparación pensada para peixes planos.
Datos da especie
- Código FAO: CET
- Nome científico:Dicologlossa cuneata
- Nome galego: Acedía
- Nome castelán: Acedía
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 15 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal