FacebookTwitter

Peixe porco

Peixe porco Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Peixe de corpo alto e comprimido, cos ollos próximos ao dorso, boca pequena con dentes grandes e afiados. Na aleta dorsal posúe unha protuberancia ósea que pode despregar de golpe no caso de sentirse ameazado. Vive sobre fondos rochosos entre os 10 e 100 metros de profundidade. Móvese en solitario ou en pequenos grupos. Aliméntase de crustáceos, moluscos e equinodermos. Reprodúcese no verán e coloca a súa posta nun niño que escava. Distribúese desde o Mar do Norte ata Angola e tamén no Mediterráneo.

Ten unha pel dura que é necesario retirar para preparalo. O seu sabor é delicioso e podemos preparalo ao forno, cun rustrido de tomate ou fritido con allo e perexil.

Datos da especie

  • Código FAO: TRG
  • Nome científico:Balistes capriscus (= B. Carolinensis)
  • Nome galego: Peixe porco
  • Nome castelán: Pez ballesta
  • Grupo biolóxico: Peixes
Peixe porco
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal