Dourada

O seu corpo é alto e comprimido, de cor gris prateada, ben proporcionado pero máis escaso no lombo. Ten unha mancha dourada entre os ollos, que desaparece cando morre, e unhas manchas negras por detrás da cabeza. Os beizos son grosos e carnosos. Pode chegar aos 70 centímetros.
Vive en augas pouco profundas (menos de 30 metros) en fondos de area ou pedra. É un peixe de augas cálidas que escasea nas nosas costas. Cando se pesca faise ao trasmallo e, ocasionalmente, con palangre ou ao arrastre.
É especialidade dalgúns restaurantes a fórmula "ao sal": cuberta de sal e envolta en papel de prata para metela no forno. A súa cabeza serve para facer uns caldos de gran utilidade para arroces ou ben para sopas de alto nivel. Tamén se pode facer á grella ou fritida.
Datos da especie
- Código FAO: SBG
- Nome científico:Sparus aurata
- Nome galego: Dourada
- Nome castelán: Dorada
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 19 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores de Portosín
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.