Tapa

Mariña; demersal, normalmente de 1 a 40 m.
Distribución: Atlántico norte: Trondheim ata o Cantábrico; incluíndo Terranova, Canadá.
Lonxitude máxima: 25,0 cm.
Breve descrición: Cor escura, mármoreada e con manchas. Corpo oval. Escamas no lado dos ollos con crecementos espiñosos, que son como peles ásperas ao tacto.
Bioloxía: vive en fondos rochosos con algas, e aliméntase de pequenos peixes e crustáceos. Desova en marzo - xuño
Datos da especie
- Código FAO: ZGP
- Nome científico:Zeugopterus punctatus
- Nome galego: Tapa
- Nome castelán: Rapeta
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Lonxa de Ribeira, S.L.