FacebookTwitter

Camarón de poza

Camarón de poza Ilustrador/a: Elisabet García Aires

É un crustáceo decápodo macruro nadador, de pequeno tamaño, comestible e apreciado. Presente sobre todo en zonas de augas moi pouco profundas con fondos rochosos. Ten o rostro ancho e curto, con 7 a 9 dentes no borde dorsal e 3 no ventral. Cor transparente, con liñas negras, lonxitudinais no cacho e transversais no borde posterior de cada segmento abdominal, acompañadas de liñas descontinuas máis finas e claras; manchas azuis e amarelas nas articulacións. Ata 6 centímetros de lonxitude.

Datos da especie

  • Código FAO: PNQ
  • Nome científico:Palaemon elegans
  • Nome galego: Camarón de poza
  • Nome castelán: Camarón de poza
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
Camarón de poza
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño do santiaguiño e o camarón medirase desde o extremo distal do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT)